Inicio Nuestras clases Cursillos Danzas populares do mundo, nivel II
Usar puntuación: / 2
MaloBueno 

DANZAS POPULARES DO MUNDO, Nivel 2 (30 horas)

 

Data inicio: 27/10/2010     Data fin: 25/11/2010

Relator:
Javier Jurado. Profesor de “Música” de  ensinanza Secundaria (en excedencia). Profesor de Música e Artes Escénicas na especialidade de “Historia da Música”. Profesor Titular de “Didáctica da Expresión Musical” na Escola Universitaria de Maxisterio de Vigo (en excedencia).
Profesor de “Historia da Música” no Conservatorio Superior de Música de Vigo.

Nivel ao que se dirixe
Estudantes e opositores de Maxisterio
Mestres  xeneralistas ou das especialidades de Educación Infantil, Educación Física e Educación Musical
Profesorado de Música e de Educación Física en Secundaria

Lugar e datas de realización
Escola das Artes Escénicas de Ourense, os seguintes días: martes e xoves
27 e 28 de outubro e  3, 4, 10, 17, 18, 24, e 25 de novembro de 2010
de 17:40 a 21 horas (30 horas: 9 días a 3:20 horas diarias)

Custes e reserva de praza
O custe será de 25 Euros. O número máximo de prazas será de 30.
As inscricións faranse na Concellería de Educación, rúa Praza San Martiño número 2, 1º.  Teléfono: 988 388143

Características da actividade

OBXECTIVOS
- Coñecer as danzas populares do mundo como parte do patrimonio cultural e mostra da igualdade na diversidade.
- Considerar a relación existente entre pasos de danzas de países cércanos (Francia, Portugal) e doutros países máis afastados, con vistas a considerar a existencia de puntos comúns entre elas.
- Entender que as fronteiras son más mentais que físicas, potenciando un sentir solidario ante o fenómeno da inmigración, e unha xuventude tolerante e sen prexuízos.
- Coñecer outras manifestacións artísticas e culturais, especialmente no ámbito musical, propias dos países tratados.
- Desenvolver as posibilidades da danza popular, apreciando o papel que cumpre este tipo de recurso nos novos currículos da Educación Primaria e E.S.O., derivados da aplicación da Lei Orgánica da Educación
- Traballar unha educación en valores, no sentido expresado pola L.O.E.

CONTIDOS
- O corpo e  o movemento como medios de expresión musical: o corpo como medio de representación e comunicación, así como medio, ante a estruturación espacial e espazo temporal.
- Corpo e movemento como medios de expresión artística.
- Realización de danzas por imitación ao profesorado, ensamblaxe dos pasos, execución de ensaio, execución do grupo coa música pregravada.
- O baile popular como medio de alcanzar as competencias básicas do currículo.
- Contextualización das danzas traballadas: zona xeográfica, historia, instrumentos, traxes populares, outras manifestacións do folclore.
- Actitude desinhibida, lúdica, aceptando o rol que lle corresponda na interpretación colectiva.

- Interese por bailar como forma de espallamento e  de ocupación do tempo libre.

METODOLOXÍA
Activa e participativa. Cada danza aprenderase  por imitación.
Estes cursos están estruturados en 3 niveles, cada uno dos cales consta de máis de 40 danzas populares.
Entregaranse os apuntes das danzas realizadas en PDF e facilitarase a gravación das mesmas.

 

Visita a Web de referencia