Gaita 2.1, Música do XXI ao xeito tradicional, recolle vinte e un temas presentados en tres soportes diferenciados (CD Audio, CD Rom e libro) nunha clara aposta
pola música contemporánea e polos diferentes xeitos de escribir para dito instrumento.
Ao carácter pedagóxico de Pel e madeira, musicolóxico de Músicas Históricas de Galicia, ou diverso da popular colección Cadernos de Gaita, engádese agora unha nova serie na que o criterio é compositivo á vez que interpretativo.
Dos Acordes quere así seguir adiante coa súa particular e ampla visión do que a Música (con M maiúscula) debe ser. Dende o diseño ás pezas, todo neste libro respira modernidade; é un saúdo ao final da primeira década do século XXI, a nosa benvida ao 2010...