Quiero buscar...
Tienda Online de Dos Acordes
Aula Virtual de Dos Acordes
Redes sociales
Inicio Blog MUSGAFOL: Gaita e Orquestra
Usar puntuación: / 0
MaloBueno 

AUDITORIO PAZO DA CULTURA, PONTEVEDRA Venres 21 de xaneiro, 21h

Entrada de balde ata completar aforo

Ao longo de máis dun século de reivindicación da dignificación da gaita galega e da figura do gaiteiro, na actualidade o noso instrumento nacional está a pasar por una etapa de esplendor na que recuperou o seu recoñecemento e respecto social e na que están garantidos o seu ensino e a súa difusión.

Desde que a LOXSE e máis tarde a LOE fixeron posible a introdución da gaita galega nos conservatorios do país vimos asistindo á continua creación dun novo repertorio para a nosa gaita acompañada por instrumentos como o piano, a arpa ou por formacións musicais como a banda de música ou mesmo a orquestra.

O MUSGAFOL é un espazo para difusión da música académica composta para a gaita de fol galega moderna, que ata agora só tiña cabida nas aulas dalgúns conservatorios, no que se potencian aos seus creadores e aos novos intérpretes.

Tras un percorrido polas creacións musicais para gaita e piano e para gaita e banda sinfónica, nesta terceira edición do MUSGAFOL, dedicada ao repertorio para gaita e orquestra, daranse cita algúns dos mellores gaiteiros do noso país como Xurxo Fernández, Oscar Ibáñez, José M. López, Diego Mariño, Cristian Silva ou Pablo Devigo, acompañados pola Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra, baixo a batuta do director Javier Viceiro, gravando ao vivo, coa colaboración da Radio Galega, o primeiro CD monográfico deste repertorio, que marcará un fito na historia do noso instrumento.

 

PROGRAMA

OFCP - Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra. Director: Javier Viceiro

 

Solista: Xurxo Fernández

Alba de Ultramar (Ernesto Campos)

 

Solista: Oscar Ibáñez

A Derradeira Sintaxe (Javier María López)

 

Solistas: José M. López e Diego Mariño

Con-certo Sentido (Ernesto Campos)

1. Dorothé e Antón. Pioneiros

2. Pontevedra e Don Ricardo

 

Solista: Cristian Silva

 

Carmina Utricularis (Javier María López)

 

Solista: Pablo Devigo

Xota (Pablo Devigo)

 

Todos os solistas

Alborada Galega (Pascual Veiga / Adaptación para orquestra de Marcos Valcarcel a partir do arranxo para banda de X. L. Represas)

 

 

Organiza: Asociación Toque pechado de Pontevedra

 

Promove: Concellería de Cultura do Concello de Pontevedra

 

Colabora: Pazo da Cultura de Pontevedra, Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra, Conservatorio Profesional de Música Manuel Quiroga, Radio Galega, Localia Pontevedra, Dos Acordes

 

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar