Unha volta polo medio,
outra polo arredor-e.
Así fan os que ben bailan,
así fan os bailadores.

 

Dos Acordes

presenta

Asi fan os bailadores...


"Así fan os bailadores..." contén unha compilación de danzas e bailes
tradicionais, presentados como unha iniciación ao baile galego. O libro
consta de transcricións musicais en partitura, diagramas espaciais e
cinetogramas, fotografías, ilustracións e explicacións. No DVD pódense ver
ditas danzas e bailes, realizados por grupos de nenos e mozos con música ao vivo. Inclúese un CD coa música gravada en estudio, que posúe a calidade
requirida para servir de apoio á execución dos bailes, ou ben á escoita por pracer.

O interese da obra vai moito máis aló da mera práctica, visualización e
escoita da música nela contida, ao incluír a reprodución en cinetografía das
danzas e bailes practicados. Un método de escrita aplicado á danza,
ideado por Rudolf Laban a comezos do século XX e coordinado nesta obra por
János Fügedi, profesor na Academia Húngara de Danza e investigador do
Instituto de Musicoloxía da Academia Húngara das Ciencias de Budapest, e que é a primeira
vez que se edita no Estado español. Xunto a el, son autores deste proxecto
Xabier Iglesias (mestre de baile tradicional galego e investigador da
cultura tradicional), Juan Parga (músico e mestre especializado en Educación
musical) e Sergio de la Ossa (etnomusicólogo).

Este traballo está dirixido a profesores de Educación primaria e secundaria,
así como doutros niveis educativos, animadores culturais e monitores de tempo de lecer, e mestres de baile tradicional; tampouco esquecimos ás
familias que queiran iniciar ás nenas e nenos nos nosos bailes e danzas, que
conforman parte destacada do noso patrimonio cultural inmaterial
.

 


Nesta ligazón podes descargar o arquivo de audio desta peza.

Pincha aquí para obter toda a información relativa a esta danza.

 

 

(c) Dos Acordes, Baiona - Pontevedra.
Novembro de 2009